Amar o mar é o meu primeiro álbum. É un disco pero tamén un proxecto artístico que abraza a natureza.
Aquí podes descargalo e escoitalo onde e cando queiras.
Está feito de procesos pausados e de encontros na beiriña dos tombos. É a mistura do novo e do antigo, de melodías e lugares que se atopan entre as mareas.
Amar o mar é un rebumbio sonoro, unha viaxe entre as ondas… son cancións pero son tamén pequenos tesouros que chegaron á miña praia, sentindo que somos parte de algo máis grande…
Todas estas melodías, influencias e experimentos son agora parte dun océano xeneroso.
Espero que che guste.
Bico! B.
Nico Vieites: Produción, enxeñeiro de son, guitarras e… la mesclasa!!!
Peter Cuñado: Assistant engineering, mesclasa & Hero!
Pablo Seijas: Produción, guitarras, teclados e programacións en “Fuego Eléctrico”.
Marilia Monzón: voz e invitada especial en “Fuego Eléctrico”.
Cibrán Seixo, (Covirán querido que sempre nos abre o seu Cuntis tinydesk): baixo e auténtica percusión en “Samurai”.
Adrián Seijas: Background crazy vocals, percusión en “Incertidumbre” e pads e teclados en “Samurai”.
Julián Seijas: Baixo e rollazo total en “Fuego Eléctrico” e “Cormorán”.
Rosalía Fernández Rial: poema e voz en “Rosalía en Razo”.
Xosé Iglesias: Sons de radio mariñeira en “Miniatura”.
Álex Silva: Remix de “Arou’79”.
Genara Méndez (Abuela): Voz en “Arou’79”.
Voces en “O Mar ~~~~~”: Aga Sand, Alba Roibás Runge, Alba Suárez, Alberto Castro Martínez “Tuco”, Alberto Conde, Alberto Díaz, Alberto, Mareque, Álvaro Abella, Anabel del Río, Antía Ameixeiras, Antía Maceira, Bea Lede, Catarina Blanco, “Cla”, O de Foz, Daniela Arias, David Mato, Diego Fidalgo, Domingo Cao, Eder Villanueva, Esperanza Mara, Gonzalo Méndez, Goretti Rodríguez, Inma Pardo, Iván Tourís, Javier Tajes, Lidia Lamas, Lucía Arroxo, Luna Suárez, Makito Maceira, Marcos Legazpi, María, A Balteira, Mónica Aldao, Nastasia Zürcher, Natalia G. Dans, Nicolás Vieites, Noel Turbulencias, Noemí Pérez, Olaya Losor, Olga Brañas, Pablo Gradín, Pablo Otero, Roberto Aller, Rubén diGroovie, Ruth Aller, Saamira Gaanay, Santi Camiño, Sara Vierna, Suso Díaz, Vero Domínguez e Xoán García López.
Jacobo Naya: Mastering.
Bea Sánchez Madruga: AKA Azul Vexetal, Dirección de arte e Deseño.
Dani Lacón & Grelos: Serigrafía disco físico.
A Seara: Apoio incondicional en todo este longo proceso.
Gravado en Rayuela Estudios, Madrid.
Larry Bird Sound Company Studio, As Conchiñas, A Coruña.
Gravacións de campo: Arou, Razo, Perillo.
2024