Cantos do mar de Irlanda

Este libro é unha compilación de músicas, relatos e experiencias persoais vividas durante cinco semanas nunha residencia artística nos arredores de Galway, Irlanda. Encadrada dentro do proxecto Tosta 2016, esta estadía foi froito da colaboración entre varios axentes culturais da costa atlántica, con motivo da Capitalidade Europea de Donostia 2016. Tivo como finalidade a promoción da creación artística e a celebración da diversidade lingüística, centrándose nas linguas minorizadas de Escocia, Gales, Euskal Herria, Frisia, Irlanda, Cornualles e Galiza.

Tosta 2016 traduciuse nunha serie de festivais itinerantes en cada unha das rexións nomeadas, nas que se estrearon as creacións das súas artistas residentes e onde se compartiron proxectos con artistas locais.

Quero o libro!

Podedes adquirir o libro enchendo o seguinte formulario e volo faremos chegar 🙂

    ESCOITAR O DISCO

    Esta web utiliza cookies, podes ver aquí a    política de cookies
    Privacidad