Belém Tajes

Unha

Sobre min
unha-pq

Belém Tajes

(Bos Aires, 1985)

Belém Tajes, é sen dúbida, unha das novas voces da canción de autora de Galicia. Cantante, compositora e especialista en musicoterapia, comezou tocando e cantando en agrupacións tradicionais, aprendendo tamén dos cantares das súas avoas, naturais da aldea de Arou, Camariñas.

Formou parte da xira “Cable a Tierra” de Vetusta Morla en Barcelona, Bilbao e Madrid, tocando con eles e con El Naán no Estadio Metropolitano ante máis de 25.000 persoas. Colaborou no peche desa xira cantando dúas noites seguidas no Wizink Center en decembro de 2023 xunto con artistas como Leiva e Rodrigo Cuevas.

Foi a voz principal de Luar na Lubre durante un ano e medio, percorrendo con eles os principais teatros da península e visitando tamén México, Francia, Bélxica, Portugal, Escocia e Reino Unido. Gravou con Luar na Lubre e outros artistas, o disco-dvd Ribeira Sacra.

Belém Tajes participa tamén en varias formacións musicais como cantora e percusionista con: Xosé Lois Romero e Aliboria e a banda de rock psicodélico Moura.

Foi a música elixida para representar a Galicia no proxecto Tosta Cultural Cargo, sobre linguas minorizadas do Atlántico Norte. Gracias a este proxecto escribiu o seu primeiro libro “Cantos do mar de Irlanda”.

Creou o proxecto feminino musical Vudú, galardoado cun Premio Martín Códax e cun Premio Opinión de Músicas de Raíz e co que editou 2 discos.

En 2022 lanzou o seu primeiro EP como solista “Un Mapa”, inspirado na súa terra de nacemento Bos Aires e co que obtivo moi boas críticas.

En 2024 lanza o seu primeiro disco “Amar o Mar”. Unha viaxe musical co océano como protagonista. Este disco editouse físicamente con materiais respectuosos coa natureza no que Belém Tajes denominou “ecodisco”.

Esta web utiliza cookies, podes ver aquí a    política de cookies
Privacidad